#25aniversarioAUTISMOGALICIA

Neste ano 2020 a FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA cumpre 25 anos, levamos desde o ano 1995 contribuíndo a defender e reivindicar socialmente os dereitos das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e das súas familias, promovendo a igualdade de oportunidades e a colaboración entre entidades prestadoras de servizos específicos e especializados.

Hoxe, 25 anos máis tarde, Autismo Galicia é unha Federación de ámbito autonómico que agrupa a 16 entidades e seguimos crecendo, representando a máis de 8000 persoas que conforman en Galicia un movemento asociativo do autismo unido, forte e cohesionado.

#25aniversarioAUTISMOGALICIA

Xunto a todas as entidades que nos conforman aspiramos a transformar o noso pequeno mundo, coa ambición de xerar grandes cambios, que garantan ás persoas con TEA como cidadáns de pleno dereito en calquera lugar e espazo no que se atopen.
Traballamos para lograr esa felicidade formada de múltiples fíos de seguridade, confianza, aceptación e o amor que todo ser humano necesita. E facémolo cun traballo orientado e articulado cara a obxectivos comúns, coa vista posta no futuro e en novos proxectos que nos permitan seguir avanzando xuntas para promover a calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias.

25 ANOS CONTIGO, XERANDO UN ESPECTRO DE OPORTUNIDADES

Para celebralo daremos voz ás entidades que nos conforman e coas que traballamos diariamante, poñendo o foco na valoración do sobresaliente equipo de profesionais co que contan as nosas entidades, estando atentas aos logros conseguidos, os propósitos cumpridos, así como aos novos retos e perspectivas cara ás que orientarnos a responsabilidade do noso futuro.

#25AniversarioAUTISMOGALICIA: CAMPAÑA «A vida desde un cristal diferente: VIVINDO O ESPECTRO»

Para celebralo daremos voz ás entidades que nos conforman e coas que traballamos diariamante, poñendo o foco na valoración do sobresaliente equipo de profesionais co que contan as nosas entidades, estando atentas aos logros conseguidos, os propósitos cumpridos, así como aos novos retos e perspectivas cara ás que orientarnos a responsabilidade do noso futuro.

Poñendo en práctica a campaña «A vida desde un cristal diferente: VIVINDO O ESPECTRO», con vídeos CLAVES PARA SEGUIR GARANTINDO UN ESPECTRO DE OPORTUNIDADES PARA AS PERSOAS CON TEA.

  1. A ESPECIALIZACIÓN E ESPECIFICIDADE.
  2. O DIAGNÓSTICO
  3. A ATENCIÓN TEMPERÁ
  4. EDUCACIÓN ESPECIALIZADA
  5. UNHA FAMILIA APOIADA
  6. A AUTONOMÍA PERSOAL
  7. O EMPREGO
  8. O LECER
  9. O ENVELLECEMENTO
  10. UNHA CONTORNA ACCESIBLE, UNHA SOCIEDADE SENSIBILIZADA
  11. A IMPORTANCIA DA REDE DE ENTIDADES, UNHA VISIÓN E OBXECTIVOS COMÚNS
  12. MENSAXES PARA O FUTURO

XORNADA DE ENCONTRO e das ENTIDADES DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA.

E como remate do ano unha celebración para atoparnos, compartir coñecemento, obxectivos comúns e trazar as nosas mensaxes para o futuro.

CLAVES: UN ESPECTRO DE OPORTUNIDADES

A IMPORTANCIA DA AUTODETERMINACIÓN E A AUTONOMÍA PERSOAL nas persoas con Autismo

Este vídeo se fixo coa colaboración da Asociación APACAF. Grazas ao equipo técnico e usuarios pola súa participación neste vídeo. En APACAF apostan polo contacto directo e continuo coa natureza para axudar ao benestar físico e emocional dos nosos usuarios. O centro A Braña está ubicado nun entorno natural privilexiado na parroquia estradense de Berres. …

A importancia do EMPREGO e a VIDA INDEPENDENTE

Falamos con Javier Valiño Rodríguez. Persoa usuaria del Programa de Formación Prelaboral de ASPANAES que recientemente tomó procesión do cargo na categoría de Celador do Sergas, nas oposiciones en modalidade de Sector Público. Grazas por esta gran entrevista a ASPANAES, e a Emma Cuesta Fernández, Psicóloga do Servizo de Habilidades Personais e Sociais de Aspanaes …

A importancia dunha Educación especializada.

Falamos con BIBIANA RODRÍGUEZ, Profesora do Colexio Menela. FUNDACIÓN MENELA. A importancia dunha Educación especializada: Os primeiros anos de vida son esenciais para alcanzar ese desenvolvemento, sendo moi importante garantir e potenciar ao máximo o desenvolvemento das capacidades físicas, sensoriais e sociais nesta etapa. Os servizos de atención temperá levan a cabo un conxunto de …

Contacto

TELÉFONO: 981 589 365
MAIL INFO: info@autismogalicia.org

SEDE SOCIAL
Rúa Home Santode Bonaval,74
15703 Santiago de Compostela

CENTRO DE RECURSOS
Rúa Rodríguez de Viguri, 35
15703 Santiago de Compostela

Dirección e Xerencia

Responsable: Patricia Blanco Riveiro

Departamento de Administración

Responsable: Teresa García Barcala.

Departamento de Comunicación e Incidencia Social

Responsable: Adriana Pazos Ottón

Área de Desenvolvemento Asociativo

Responsable: Ángela Goiricelaya Seco

Área de Programas

Responsable: Cristina Couto Pena