Neste ano 2020 a FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA cumpre 25 anos, levamos desde o ano 1995 contribuíndo a defender e reivindicar socialmente os dereitos das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e das súas familias, promovendo a igualdade de oportunidades e a colaboración entre entidades prestadoras de servizos específicos e especializados.
Hoxe, 25 anos máis tarde, Autismo Galicia é unha Federación de ámbito autonómico que agrupa a 16 entidades e seguimos crecendo, representando a máis de 8000 persoas que conforman en Galicia un movemento asociativo do autismo unido, forte e cohesionado.
#25aniversarioAUTISMOGALICIA
25 ANOS CONTIGO, XERANDO UN ESPECTRO DE OPORTUNIDADES
Para celebralo daremos voz ás entidades que nos conforman e coas que traballamos diariamante, poñendo o foco na valoración do sobresaliente equipo de profesionais co que contan as nosas entidades, estando atentas aos logros conseguidos, os propósitos cumpridos, así como aos novos retos e perspectivas cara ás que orientarnos a responsabilidade do noso futuro.
