A ATENCIÓN TEMPERÁ

Estivemos co EQUIPO DE ATENCIÓN TEMPERÁ da FUNDACIÓN MENELA

Neste vídeo interviron: Rubén García, Terapeuta; Doa Airen Calero, Terapeuta; Iria Touriño, Terapeuta; Ana Moure, Terapeuta; Camino Rodriguez, Terapeuta; e Patricia Gomez, Logopeda, nel amosan o traballo e a dedicación dos equipos.

Os nenos/as e mozos con TEA deben contar cos apoios específicos e necesarios nas diferentes etapas educativas, prestando especial atención ao comezo da Educación Primaria unha vez terminados os servizos de atención temperá.

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

MÁIS INFO EN: https://www.autismogalicia.org/index.

Este vídeo foi realizado coa colaboración da Fundación Menela, entidade membro da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, e producido dende o departamento de comunicación da Federación Autismo Galicia.