A IMPORTANCIA DA AUTODETERMINACIÓN E A AUTONOMÍA PERSOAL nas persoas con Autismo

Este vídeo se fixo coa colaboración da Asociación APACAF.

Grazas ao equipo técnico e usuarios pola súa participación neste vídeo. En APACAF apostan polo contacto directo e continuo coa natureza para axudar ao benestar físico e emocional dos nosos usuarios.

O centro A Braña está ubicado nun entorno natural privilexiado na parroquia estradense de Berres. Os usuarios están en contacto continuo co entorno natural durante todo o día. Talleres como psicomotricidade ou o coidado da horta fanse ao aire libre. Tamén se fan rutas de sendeirismo e paseos pola contorna natural.

A autodeterminación é unha capacidade que está presente en todas as etapas da vida, aínda que, cobra especial importancia durante a transición á vida adulta”. ( Wehmeyer e Field, 2007).

Entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

Entendendo o TEA como un abanico cuxos extremos dependen da menor ou maior necesidade de apoios, podemos atoparnos con diferentes situacións na etapa adulta, polo que existen diferentes servizos enfocados a adquirir a máxima autonomía e promoción, así como defender e respectar a dignidade e singularidade de cada persoa, garantindo a protección dos seus dereitos fundamentais en igualdade de condicións e sen discriminación.

Este vídeo foi realizado coa colaboración da Asociación APACAF, entidade membro da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, e producido dende o departamento de comunicación da Federación Autismo Galicia.