A importancia do EMPREGO e a VIDA INDEPENDENTE

Falamos con Javier Valiño Rodríguez. Persoa usuaria del Programa de Formación Prelaboral de ASPANAES que recientemente tomó procesión do cargo na categoría de Celador do Sergas, nas oposiciones en modalidade de Sector Público.

Grazas por esta gran entrevista a ASPANAES, e a Emma Cuesta Fernández, Psicóloga do Servizo de Habilidades Personais e Sociais de Aspanaes Ferrol.

A autodeterminación é unha capacidade que está presente en todas as etapas da vida, aínda que, cobra especial importancia durante a transición á vida adulta”. ( Wehmeyer e Field, 2007).

Entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios. 

Entendendo o TEA como un abanico cuxos extremos dependen da menor ou maior necesidade de apoios, podemos atoparnos con diferentes situacións na etapa adulta, polo que existen diferentes servizos enfocados a adquirir a máxima autonomía e promoción, así como defender e respectar a dignidade e singularidade de cada persoa, garantindo a protección dos seus dereitos fundamentais en igualdade de condicións e sen discriminación.

Este vídeo foi realizado coa colaboración da Asociación ASPANAES, entidade membro da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, e producido dende o departamento de comunicación da Federación Autismo Galicia.