Falamos con BIBIANA RODRÍGUEZ, Profesora do Colexio Menela. FUNDACIÓN MENELA.
A importancia dunha Educación especializada:
Os primeiros anos de vida son esenciais para alcanzar ese desenvolvemento, sendo moi importante garantir e potenciar ao máximo o desenvolvemento das capacidades físicas, sensoriais e sociais nesta etapa.
Os servizos de atención temperá levan a cabo un conxunto de accións coordinadas con carácter global e interdisciplinar, encamiñadas a facilitar a evolución en todas as áreas de desenvolvemento do neno/a, respectando o propio ritmo e fundamentando a intervención en aspectos relacionales, lúdicos e funcionais. As accións dirixidas ás familias son de carácter orientativo e de apoio.
É un deber da educación promover que o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os recursos necesarios.
Os nenos/as e mozos con TEA deben contar cos apoios específicos e necesarios nas diferentes etapas educativas, prestando especial atención ao comezo da Educación Primaria unha vez terminados os servizos de atención temperá.
MÁIS INFO EN: https://www.autismogalicia.org/index….
Este vídeo foi realizado coa colaboración da Fundación Menela, entidade membro da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, e producido dende o departamento de comunicación da Federación Autismo Galicia.