A Importancia da Valoración e o Diagnóstico.

SONIA SEIJO PIÑEIRO, Psicóloga del Servizo de Valoración e Diagnóstico de Aspanaes, fálanos da importancia dunha valoración especializada.

A Importancia da Valoración e o Diagnóstico:

O diagnóstico determínase a través dun proceso de observación, unha análise exhaustiva do comportamento da persoa, coñecendo a súa historia do desenvolvemento e aplicando probas médicas e psicolóxicas e establecendo o diagnóstico cando se observan os síntomas característicos.

Non se diagnostica a través da presenza de marcadores biolóxicos, non hai un estudo como análise de sangue ou xenético que determine o diagnóstico. A detección precoz dos TEA é de gran importancia xa que está demostrado que unha intervención e tratamentos temperáns van repercutir moi positivamente na evolución das persoas atendidas e nas súas familias.

Cando o/a pediatra ou o/o educador/a detectan algún sinal ou signo de alerta, derivan aos familiares a neuropediatría, neuroloxía ou psiquiatría que se encargará de realizar probas diagnósticas ou derivar a outro servizo se se considera. Para facer un diagnóstico de autismo é importante ter en conta á persoa en todo o seu contexto. Para iso, hai que valorar distintos aspectos.

MÁIS INFO EN: https://www.autismogalicia.org/index….

Este vídeo foi realizado coa colaboración de ASPANAES, entidade membro da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, e producido dende o departamento de comunicación da Federación Autismo Galicia